martes, 16 de abril de 2013

Luns 15. Cheguei á Meta e podo contalo

Eu agardaba contar aquí as miñas aventuras de corredor e turista ocasional e vinme metido no medio dunha boa. Apenás durmín catro horas xa que non parei ata as 12h da noite de falar con xente por todos os medios virtuais imaxinables.
Estou absolutamente abraiado por todo o cariño recibido e por momentos ata emocionado.

MOITAS GRAZAS a todos !!!

Pero eu viña aquí a outra cousa e comezou ás catro da mañán erguéndome para preparar o almorzo e sair car ao centro cos outros dous corredores que están na casa. Alí collemos un bus que nos levou ata a saída non sin antes perderse no camiño :-)

E a partires de este momento xa o podedes ver nos vídeos.

Agardando para a saída :

1a parte:



2a parte:



Non gravei a saída por falta de tempo e quedeime sen contarvos que para dous galegos que eramos fumos a coincidir na liña mesma e saludámonos, logo el saiu mais forte.

Gravei un vídeo chegando, que gocei moitísimo, e logo no parque resumo a proba mentras escóitanse os dous estouridos.



A 500m de Meta no Boston Common




Xa pola noite gravei este último falando do sucedido a petición da TVG.



Xa vedes, eu que gusto de ser coñecido pola miña música, saíndo nos medios só por "pasar por aquí".
Seguirei contando a viaxe e tentando levar certa normalidade.

lunes, 15 de abril de 2013

Domingo 14. Preparados, Listos...

Xa non queda nada para a saísa e hoxe tomeino con moita calma. Seguín madrugando muito, aínda que tamén deitándome cedo. Ás 8:30h xa estaba almorzado e de camiño para o centro onde había moitísimo ambente con carreiras pequenas de todas as categorías na zona de meta.
Volvín pasar pola expo da maratón pero xa sen pararme mais que para coller mostras de algúns productos :-)
Logo fun ata o teatro da Opera de Boston onde están a representar The Book of Mormon, un musical de éxito dos creadores de South Park. Non hai entradas á venda pero cada día fan un sorteo 2h antes da función de asentos baleiros a 25$. Tenteino onte e hoxe tampouco houbo sorte. Seguirei probando.

O plan B consistiu en continuar o Freedon Trail onde o deixara o Venres e chegar ao North End que é o barrio italiano de Boston (a súa particular Little Italy), logo pasei pola cancha onde xogan os Celtics de paso cara o Whole Foods Market outra vez pero hoxe para mercar comida para o xantar e a cea e levala para casa. E iso fixen,  marchar para a casa, durmir unha boa sesta, estirar, preparar todo para mañán, seguir estirando, escribir este post e cando remate: seguir estirando, cear, estirar un pouco mais e para a cama.

:-)

Déixovos un vídeo moi explicativo da preparación:



A ver que novas traio mañán. Continuará....

domingo, 14 de abril de 2013

Sábado 14. O importante é non cansarse moito



Como digo no título, o perigo dos días previos á maratón é deixarse levar polo lado "turista" e rebentarse a camiñar pola cidade.
A pesares de ser consciente disto e por muito que aos primeiros síntomas de cansanzo opte por descansar, chegado este momento do día estou xa deitado na cama listo para durmir (son as 20h).
Antes de durmir fago un breve resumo do vivido hoxe: 
Adestramento brevve con mellores sensacións que onte, mellor climatoloxía e menos tempo. 
Viaxe ao centro e camiñar primeiro por Chinatown onde chama a atención nada mais entrar que de súpeto toda a xente é de rasgos orientais, e logo pola parte mais nobre da cidade que é Beacon Hill parando a xantar sushi na cadea de supermercados Whole Food que xa coñecía de New York e que vende todo orgánico e sen conservantes. O sushi preparano xusto diante túa e as cociñeiras son xaponesas.
Logo do xantar regreso ao Parque por Charles St que é unha rúa chea de pequenas tendas moi agradable. Ao chegar ao parque tropezo coa entrada do mítico Cheers que saía na serie de tv (a entrada é a mesma aínda que o bar non é como saía na tele porque era un decorado en estudio). Fago a típica foto e gravo un pequeno vídeo:



Despois desta parada continuo por Boylson St que é unha especie de avenida principal con grandes tendas e na que está todo casi rematado para a meta da maratón do Lúns:




Logo de pasar por Meta decidín regresar a casa e descansar bén. Polo camiño chamoume a atención os contrastes entre antigo e moderno tan típicas de New York tamén.




Xa ne casa, baño na piscina, cea, conversa cos demais inquilinos ( unha simpática parella neozelandesa e un rapaz americano que tamén corren o Lúns) e para cama.

Mañán mais.



sábado, 13 de abril de 2013

Venres 13. Resumindo

Pois xa rematou o día e pasou con moita chuvia, frío e vento que como fora hoxe a maratón...
Comecei o día adestrando as 6h da mañán xa que o corpo estaba no horario galego, logo alorzar e sair para o centro. Decidín camiñar polo Freedom Trail e ir coñecendo a cidade con calma e foi así ata que a choiva arreciou e non era nada agradable camiñar nin sair da casa, así qie tomei refuxio nun Starbucks e approveitei a súa wifi para falar cos amigos e facer turismo virtual.
Ás 14h abría a expo do maratón e alá fun para recoller o dorsal, a bolsa do corredor, mercar algo do merchandising e cheirar un pouco. Para os que non estades postos nisto, nas grandes carreiras a expo e unha macro feira de roupa, calzado e accesorios para o corredor cunha ampla sección de productos alimenticios para ter enerxía antes, durante e despois da carreira que dan mostras de proba e onde a xente fai como nun capítulo dos Simpsons: comer grátis. E algo así como soltar nenos sen control nunha tenda de doces.
Bén, logo disto xa estaba canso de mais e decidín regresar á casa aínda que pasei por diante dun Apple Store e....... (Non merquei nada).
Agora rebentadiño vou tentar durmir.

Pequeno vistazo á Feira do corredor:


E este segundo é o resumo do día aínda que por un erro fixeno escorado e non consigo editalo. Cando poida fago unha corrección na entrada:



Mañán mais.


viernes, 12 de abril de 2013

Venres 13. Paseo abortado

Hoxe vai un día frío e ventoso, así que mentras puiden comecei a facer o Freedom Trail que é un circuíto que leva polos lugares mais importantes do centro de Boston. Está marcado no chan por unha liña vermella.
Estando neste paseo, a chuvia comezou a molestar e nestes intres cae de carallo polo que decidín parar, descansar, tomar un café e facer tempo antes de ir á Feira do Corredor para recoller o dorsal e toda a info necesaria.

Continuará....


Venres 13. Adestrando


Un pouco pasadas as 6 da mañán e imitando os vídeos do meu irmán Miguel :-) vou adestrar.

Cheghei

Non sei si dende o iPad poderei deixar aquí os vídeos ou só enlaces pero mentras aquí vos queda o primeiro. breve :-)