domingo, 14 de abril de 2013

Sábado 14. O importante é non cansarse moito



Como digo no título, o perigo dos días previos á maratón é deixarse levar polo lado "turista" e rebentarse a camiñar pola cidade.
A pesares de ser consciente disto e por muito que aos primeiros síntomas de cansanzo opte por descansar, chegado este momento do día estou xa deitado na cama listo para durmir (son as 20h).
Antes de durmir fago un breve resumo do vivido hoxe: 
Adestramento brevve con mellores sensacións que onte, mellor climatoloxía e menos tempo. 
Viaxe ao centro e camiñar primeiro por Chinatown onde chama a atención nada mais entrar que de súpeto toda a xente é de rasgos orientais, e logo pola parte mais nobre da cidade que é Beacon Hill parando a xantar sushi na cadea de supermercados Whole Food que xa coñecía de New York e que vende todo orgánico e sen conservantes. O sushi preparano xusto diante túa e as cociñeiras son xaponesas.
Logo do xantar regreso ao Parque por Charles St que é unha rúa chea de pequenas tendas moi agradable. Ao chegar ao parque tropezo coa entrada do mítico Cheers que saía na serie de tv (a entrada é a mesma aínda que o bar non é como saía na tele porque era un decorado en estudio). Fago a típica foto e gravo un pequeno vídeo:



Despois desta parada continuo por Boylson St que é unha especie de avenida principal con grandes tendas e na que está todo casi rematado para a meta da maratón do Lúns:




Logo de pasar por Meta decidín regresar a casa e descansar bén. Polo camiño chamoume a atención os contrastes entre antigo e moderno tan típicas de New York tamén.




Xa ne casa, baño na piscina, cea, conversa cos demais inquilinos ( unha simpática parella neozelandesa e un rapaz americano que tamén corren o Lúns) e para cama.

Mañán mais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario