martes, 16 de abril de 2013

Luns 15. Cheguei á Meta e podo contalo

Eu agardaba contar aquí as miñas aventuras de corredor e turista ocasional e vinme metido no medio dunha boa. Apenás durmín catro horas xa que non parei ata as 12h da noite de falar con xente por todos os medios virtuais imaxinables.
Estou absolutamente abraiado por todo o cariño recibido e por momentos ata emocionado.

MOITAS GRAZAS a todos !!!

Pero eu viña aquí a outra cousa e comezou ás catro da mañán erguéndome para preparar o almorzo e sair car ao centro cos outros dous corredores que están na casa. Alí collemos un bus que nos levou ata a saída non sin antes perderse no camiño :-)

E a partires de este momento xa o podedes ver nos vídeos.

Agardando para a saída :

1a parte:



2a parte:



Non gravei a saída por falta de tempo e quedeime sen contarvos que para dous galegos que eramos fumos a coincidir na liña mesma e saludámonos, logo el saiu mais forte.

Gravei un vídeo chegando, que gocei moitísimo, e logo no parque resumo a proba mentras escóitanse os dous estouridos.



A 500m de Meta no Boston Common




Xa pola noite gravei este último falando do sucedido a petición da TVG.



Xa vedes, eu que gusto de ser coñecido pola miña música, saíndo nos medios só por "pasar por aquí".
Seguirei contando a viaxe e tentando levar certa normalidade.

5 comentarios:

  1. Noraboa por esa meta Fernando... e alégrome moito de que estés enteiro e contándoa!!! Apertas

    ResponderEliminar
  2. Fer, eres un comunicador nato!!! me alegro que te encontres ben. Un abrazo e disfruta o máximo de tuas vivencias. Aqui tes un fan/amigo!!!. R.Oliveira

    ResponderEliminar
  3. Un saudo campeón e grazas por transmitirnos todo o que viviches. Desgraciadamente tres persoas non poden contalo, qué pena. Todo o mundo do running temos que estar con Boston, USA e os familiares dos falecidos. Que descansen en paz. Bicos a todos e unha aperta forte. Fernando-Milladoiro

    ResponderEliminar
  4. A sorte acompañoute en todo-los sentidos. Excepcionales videos-cronica, tiemblen los "matogrosso". Non e lugar adecuado, pero que descansen en paz as victimas inocentes, a vida sigue... Na saida de Coruña42 estou seguro que me caeran as bágoas como agora mesmo me caen. Unha aperta e vémonos nas carreiras. Xoixe

    ResponderEliminar
  5. Alegrámonos moito de verte.
    Noraboa pola carreira tamén.

    ResponderEliminar