Volvín pasar pola expo da maratón pero xa sen pararme mais que para coller mostras de algúns productos :-)
Logo fun ata o teatro da Opera de Boston onde están a representar The Book of Mormon, un musical de éxito dos creadores de South Park. Non hai entradas á venda pero cada día fan un sorteo 2h antes da función de asentos baleiros a 25$. Tenteino onte e hoxe tampouco houbo sorte. Seguirei probando.
O plan B consistiu en continuar o Freedon Trail onde o deixara o Venres e chegar ao North End que é o barrio italiano de Boston (a súa particular Little Italy), logo pasei pola cancha onde xogan os Celtics de paso cara o Whole Foods Market outra vez pero hoxe para mercar comida para o xantar e a cea e levala para casa. E iso fixen, marchar para a casa, durmir unha boa sesta, estirar, preparar todo para mañán, seguir estirando, escribir este post e cando remate: seguir estirando, cear, estirar un pouco mais e para a cama.
:-)
Déixovos un vídeo moi explicativo da preparación:
A ver que novas traio mañán. Continuará....
No hay comentarios:
Publicar un comentario