viernes, 5 de abril de 2013

Destino Boston Marathon 2013

Ola a todo o mundo que decida ler isto.

Este blogue pretende ser un espazo onde ir partillando a miña aventura no 117th Boston Marathon. No meu propósito de completar as FiveMajorMarathons e logo de ter rematado Berlín 2009, New York 2010 e Chicago 2011, tócalle agora o turno a Boston, a maratón mais antiga do mundo que celebra a súa 117 edición.

Si seguides o enlace anterior comprobaredes que xa non son five senón six, pero cando comecei esta aventura plantexeime correr o de Tokio logo dos cinco, así que si todo corre como debe ser logo de Londres irei a Xapón rematar o periplo.

Bén, isto pretende ser un Vídeo-Blogue feito co meu teléfono móbil durante a viaxe, así que non vou escribir mais e quedades citados para o primeiro vídeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario