sábado, 13 de abril de 2013

Venres 13. Resumindo

Pois xa rematou o día e pasou con moita chuvia, frío e vento que como fora hoxe a maratón...
Comecei o día adestrando as 6h da mañán xa que o corpo estaba no horario galego, logo alorzar e sair para o centro. Decidín camiñar polo Freedom Trail e ir coñecendo a cidade con calma e foi así ata que a choiva arreciou e non era nada agradable camiñar nin sair da casa, así qie tomei refuxio nun Starbucks e approveitei a súa wifi para falar cos amigos e facer turismo virtual.
Ás 14h abría a expo do maratón e alá fun para recoller o dorsal, a bolsa do corredor, mercar algo do merchandising e cheirar un pouco. Para os que non estades postos nisto, nas grandes carreiras a expo e unha macro feira de roupa, calzado e accesorios para o corredor cunha ampla sección de productos alimenticios para ter enerxía antes, durante e despois da carreira que dan mostras de proba e onde a xente fai como nun capítulo dos Simpsons: comer grátis. E algo así como soltar nenos sen control nunha tenda de doces.
Bén, logo disto xa estaba canso de mais e decidín regresar á casa aínda que pasei por diante dun Apple Store e....... (Non merquei nada).
Agora rebentadiño vou tentar durmir.

Pequeno vistazo á Feira do corredor:


E este segundo é o resumo do día aínda que por un erro fixeno escorado e non consigo editalo. Cando poida fago unha corrección na entrada:



Mañán mais.


3 comentarios:

  1. Que interesante e que envexa!!Dan ganas de coller un avion con destino Boston :) Unha curiosidade: Nos videos dis que estas nun barrio tranquilo,alquilaches unha casa para uns dias alí?

    ResponderEliminar
  2. Gloh. O que fixen foi alugar un cuarto nunha casa particular. Xa o fixera en New York e funciona moi bén a traves de Airbnb onde atopas aloxamento en calquer lugar.

    ResponderEliminar
  3. Interesante :)
    Grazas e moita sorte para a maraton, mestre!! :)

    ResponderEliminar